Os seus primeiros traballos sobre arquitectura relixiosa insírense na etapa do Seminario de Estudos Galegos (SEG). Estes traballos foron publicados nos Arquivos do propio SEG ou en publicacións como a revista Nós. Para mellorar a súa formación en Arte e Arqueoloxía entra en contacto co Centro de Estudios Históricos de Madrid e aproveita as clases e os consellos de Gómez Moreno, Tormo e Sánchez Cantón. Os resultados das súas pescudas sobre igrexas de Ourense e do sur de Lugo e os mestres menores do románico destas zonas, e outros, relativos a igrexas estremeñas e casteláns, vanse dando a coñecer, nos anos 40 e 50. Publicaríaos en prestixiosas publicacións como Archivo Español de Arte, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos… ou presentaríaos en distintos Congresos Internacionais.
Deixámosvos a modo de mostra dous debuxos, unha sección e unha planta, de dúas igrexas galegas:
Non esquezades saciar a vosa curiosidade sobre este e outros proxectos visitando a páxina do Museo Provincial de Lugo