A dous días do 82 aniversario da proclamación da II República este domingo 14 de abril, hoxe publicaremos catro follas propagandísticas de diferentes actos políticos do galeguismo nos que ou ben participou Ben-Cho-Shey, ou ben gardou o panfleto.
Agradecémoslle ao Arquivo Ben-Cho-Shey da Deputación Provincial de Ourense a cesión de parte do seu arquivo para este proxecto.
Desde a chamada a un mitin da Irmandade Galeguista d’Ourense, anterior a proclamación da II República, no que participa xunto a Roberto Blanco Torres, entre outros; un mitin en Carballedo de abril do 1935; unha lembranza reivindicativa de Pardo de Cela e un dos que o Partido Galeguista empregou, co deseño de Seoane.
Non esquezades saciar a vosa curiosidade sobre este e outros proxectos visitando a páxina do Museo Provincial de Lugo.