Hoxe ás 20:00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo a inauguración de BEN-CHO-SHEY. 50 anos de maxisterio cultural 1918 – 1968. Este acto contará coa presenza de Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente da Deputación de Lugo; de Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e de Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, coordinador do Ano de Ben-Cho-Shey. Depois da inauguración, haberá unha lectura dramatizada do Diario de Lugo de Ben-Cho-Shey, por parte de Paloma Lugilde e Tereixa Campo e, a continuación, unha actuación musical a cargo de Mini e Mero. A entrada a estes actos é libre e gratuita.
Arquivo por etiquetas: exposicion ben-cho-shey
Inauguración
Xoves, 14 de febreiro de 2013, ás 20:00 horas
Lectura dramatizada do DIARIO DE LUGO de BEN-CHO-SHEY, a cargo de Paloma Lugilde e Tareixa Campo.
Actuación musical de Mini e Mero.
Máis información: http://bit.ly/YWs2uD
A exposición vai tomando corpo
Os traballos da montaxe expositiva están cada vez máis avanzados e todo estará listo para a inauguración o 14 de febreiro, ás 20:00 horas. Unha mostra que vai permanecer aberta ao público ata o 20 de maio de 2013 na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. Só quedan 3 días!
- Mural dun debuxo de BEN-CHO-SHEY
- Mural dun debuxo de BEN-CHO-SHEY
- Mural dun debuxo de BEN-CHO-SHEY
- Traballos de montaxe.
- Entrada da exposición.
- Representación caligráfica.
- Representación caligráfica.
- Traballos de montaxe.
- Restauración de vitrina.
Convocatoria roda de prensa
Acto:
– Rolda de Prensa, presentación aos medios da exposición sobre Ben-Cho-Shey.
Lugar: Museo Provincial de Lugo.
Data: Xoves, 7 de febreiro.
Hora: 12:00 horas.
Asisten:
– Mario Outeiro, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
– Xan Ramiro Cuba, comisario da exposición.