Andar e Aguzar. O patrimonio inmaterial (III)

Aquí vén a terceira entrega de Andar e aguzar dedicada á investigación e recolleita feitas por Ben-Cho-Shey no campo do patrimonio inmaterial. Tiramos de novo do libro Santa Marta de Moreiras, sin esquecer que Fernández-Oxea espallou ducias de traballos similares en diferentes publicacións durante a súa vida.  Logo de cantigas de reis e contos, é o momento dos refráns populares.

REFRÁNS

Amigo que non sirve e coitelo que non corta o perdelo pouco importa.

Ano de ameixas, ano de queixas.

Antes son os meus dentes que os meus parentes.

A rico non debas e a pobre non prometas.

Ben sabe o demo a quen atenta e a besta a quen leva.

Cando a canavela berra, marcha, galego, prá terra.

Dalle Dios pano a que non ten nocas.

Febreiro quente trai o diablo no ventre.

Lúa nova con tronada, vinte días de xornada, e si ós vinte non paróu hasta os sesenta chegóu.

Máis caga un boi que cen anduriñas.

Malos camiños non levan a boas terras.

Na terra dos lobos oubear como todos.

Non hai atallo sin traballo, nin rodeo sin paseo.

Non se pescan as troitas cas bragas enxoitas.

O mozo ben criado non fala máis que cando é perguntado.

Onde moitos cuspen, lama fan.

O grao temperao, ou palla, ou grao.

O que che é burro, tanto é eiquí como en Lugo.

O que lonxe vai casar, chata leva ou vai buscar.

O que moito mente, vai ó inferno de repente.

O que se pon debaixo da folla dúas veces se molla.

O que torto nace, tarde ou nunca endereita.

Ovella que berra, bocado que perde.

Rubieas ó mar, vellas a soellar.

Sardiña que o gato leva ben lambidiña vai.

Si con malvas te curas, pouco duras.

Si queres entrecosto, ceba o marrau no Agosto.

Vale máis un remendo mal posto que un burato ben feito.

Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante.

Xiada na lama, auga na cama.

O que cala amola a quen fala.

(Da tradición oral, recollido por Xosé Ramón e Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey en Santa Marta de Moreiras, 1969)

Santa Marta de Moreiras, capa

Santa Marta de Moreiras, capa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s