Andar e Aguzar. O patrimonio inmaterial (IV)

A semana pasada publicamos unha mostra dos refráns recollidos por Xosé Ramón e Fernández-Oxea na parroquia de Santa Marta de Moreiras. Onde hai refráns hai tamén adiviñas. Aquí tedes unha man delas.

ADIVIÑAS

1. Unha lona, longarela

Cunha punta na cotela.

2. Alto me miras,

comer me querías,

de ti salirá

quen me levará.

3. Eirexiña pequeniña,

sacristán revolvedor,

a xente, como é pequeña,

toda anda ó arredor.

4. Tacón sobre tacón,

tacón do mismo pano;

sinón cho digo

non acertas nun ano.

5. Catro mungantes

e dous apuntantes,

catro danzantes

e un tornamoscas.

6. O pai do tortobico

ten cara, cu e bico,

i os fillos do tortobico

non ten cara, cu, nin bico.

7. ¿Qué é unha cousiña, cousa,

que é blanca, coma a plata,

e plata non é,

e foza na terra

e porca non é?

8. ¿Qué é unha cousiña, cousa,

que ten dentes

e chama pola xente?

9. Que é unha cousiña, cousa,

longa, longa como unha soga

e ten dentes como unha loba?

10. No monte nace,

no monte se cría

e chega a casa

dando alegría.

 (Da tradición oral, recollido por Xosé Ramón e Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey en Santa Marta de Moreiras, 1969)

Santa Marta de Moreiras, contracapa

Santa Marta de Moreiras, contracapa

Non esquezades saciar a vosa curiosidade sobro este e  outros proxectos visitando a páxina do Museo Provincial de Lugo.

Deixar un comentario